Creo que o dos señoritos quedou aclarado.
En canto ó das galescolas, dicirlle a "Extrema" que no caso de Nogueirosa, a xente non está de acordo en que o concello queira empregar os terreos da asociación de veciños para implantar unha galescola a cambio de nada... se vicepresidencia propón mandar unha galescola para o concello, ten que ser o concello o que, se ten moito interés, merque os terreos para construila, e digo MERQUE e non roubarllos ós veciños, porque iso, se non lembro mal, se facía en tempos pasados, onde os ricos explotaban e roubaban ós pobres, e non é unha práctica que debera levar a cabo o BNG.
Outro aspecto referido ó da galescola é que a potestade dos pais a decidir qué educación queren para os seus fillos ven amparado pola constitución, e esta medida é de total intervencionismo por parte do BNG. Se é unha gardería pública, ten que defender o bilingüismo de Galicia... porque qué dirían dende o BNG se propuxeran unha gardería na que se permita unicamente o castelán, ¿se cadra que se coarta a liberdade da xente? Pois que se apliquen o conto
E se algún dos concelleiros electos da lista máis votada destas pasadas eleccións defende estos dereitos e liberdades dos veciños de Nogueirosa e dos pais de tódolos nenos eumeses, pois ben feito está! E segundo votou Pontedeume (rexeitando ó BNG), habería que darlle as GRAZAS!
Un comentario como o que fas de decir que o único que fixo e vivir dos pais, calificaste ti mesmo.
Non todo o mundo ten a sorte de encontrar traballo cando acaba de estudiar. Non todos temos contactos que nos enchufan en empresas ou administracións. Cada un fai o seu planteamento de vida, e si os seus pais deciden axudalo e cousa de eles. Cada un ao seu. Falamos de traballo no concello.
Sobre o COE, alguien que traballe nun banco o considero capacitado para xestionar un concello, Buyo non me parece moi adecuado para ningunha concellalía, ainda que chacho tampouco mo parecía y a numero tres non a coñezo.
Estou totalmente en contra de panfletos fiscalizadores donde se minte e se terxiveran as cousas con o único proposito de intoxicar. Estou en contra de "todos" os panfletos de ese tipo.
O voso problema e que sempre vedes o vaso medio vacío, sempre vedes os problemas de calquer cousa, e nunca as solucións.
Queiramos ou non esto é o que hai i eles van a gobernar durante catro anos gracias a nulidade da última corporación.
Se nos poñemos a falar de señoritos, coido que hai uns cantos máis nas ilustres listas de "esquerdas" (ou polo menos baixo esas siglas van), xente que presume do que non é (porque vaia panda de "traballadores" que tivemos que aturar, sen ir máis lonxe, nestes últimos catro anos, comezando polo primeiro de cada formación política do tripartito), xente que actúa en contra dos ideais que teoricamente debería defender e que se adicou a afundir cada vez máis o noso concello... para encher o seu peto.
Esa ilustre "esquerda" demócrata, que non é capaz de asumir que, facendo uso da democracia, o POBO os largou do goberno, e durante catro anos probablemente teñan que traballar... (seguramente haberá algún señorito que aínda poida "vivir de rentas") e iso a todos estes "traballadores" fai que lles doa ata a alma.
Creo que non hai ninguén en condicións de criticar políticamente a ningún dos que se supón que van formar parte do goberno eumés, que realmente é o que nos importa a todos. Éme igual a vida privada (que por algo se chama privada) de cada un dos novos concelleiros, sempre e cando ó chegar ó concello, traballen e saquen adiante os problemas que deixou a ilustre "esquerda". E postos a meternos na vida privada da xente, creo que de facelo, hai que facelo con todo o mundo (sexan de esquerdas, de dereitas, do que chamades ultradereita, dos que dan a tódolos bandos e mesmo dos nacionalistas).
Iso si, se o obxectivo é centrarvos na descalificación persoal (sen coñecemento da xente) claro está que os que vos descalificades, sodes os que recurrides a este xeito de actuar.
O número 3 do PP é un señorito que leva toda a vida vivindo dos pais, nunca tivo un traballo e xa pasa dos 30, un individuo que non quere nin oir falar de galescolas porque a ver que vai ser iso de que os nenos falen galego, e moito menos de facela en Nogueirosa porque a ver a conto de que teñen que beneficiarse os nenos da vila, e mesmo doutros concellos, dunhas instalacións na súa parroquia.
Son xa varias as mensaxes que falan de ultradereita gobernando en pontedeume.
Cando escribimos en internet non temos nigún tipo de complexo ó clasificar a uns e outros e solemos olvidarnos que estamos a falar de persoas.
Da mesma forma que se pode calificar a alguen do pp de estrema dereita poderiase decir o mesmo de alguen do PSOE ou BNG de estrema esquerda. E coido que os estremos soen ser malos.
Non creo que as maneiras de facer política do último goberno fora moito de esquerdas, o señor Belarmino, por non falar do señor Paco Vázquez non creo que sexan persoas moi progresistas.
Da mesma forma non creo que a postura defendida polo BNG en Ferrol de non posicionarse claramente en contra da planta de gas e da súa ampliación (fai pouco aprobada pola xunta con un conselleiro do BNG), poida tomarse como unha defensa da nosa terra. Ou é mais perigosa a celulosa de Pontevedra que a planta de gas de Mugardos?
Cada un é do seu pai e da sua nai. Cada un ten unha forma de pensar e unha ideoloxía mais o u menos propia, e definir a un colectivo con xeralizacións, non fan mais que definir a pobreza intelectual de quen fai esas afirmacións.
Coido polo pouco que os coñezo, que ainda que o numero un do pp poida ser un pouco cuadriculado, os numero 2, 3 e 4 son rapaces xovenes nacidos e criados na nosa vila, que polo menos 100 dias de duda merecen. Son como calquera de nos, e merecen cando menos un respeto.
As loitas políticas sen argumentos, o único que fan e empobrecer a política e facer que a cidadanía cada vez sinta mais lonxe aos seus gobernantes, aos cidadáns que se presentan nas distintas forzas políticas. Fai que con mais frecuencia surxan agrupacións locais populistas que pensan que criticar por criticar sen dar solucións é algo normal, e que todo e fácil.
Unha nova etapa empeza na nosa vila, despois de 20 anos con o mesmo alcalde, habera outro.
Espero polo ven do noso pobo que estos proximos 4 anos non sexan igual de nefastos que os anteriores. Espero que a dereita non pense en darlle a volta de golpe a todo un tecido asociativo que leva moitos anos traballando ao marxe de concello. Espero que todos os partidos pensen en sumar e non en restar esforzos.
Espero que algún dia falemos de persoas, de cidadáns, do pobo e nos deixemos de tanta dialectica sofista.