|
Hai mala intención nas palabras dos comentaristas anteriores. Como case sempre que proveñen de quen non ten capacidade para interpretar a realidade. O doado é ler superficialmente; o difícil, ir á raíz. O colectivo Fusquenlla non "comulga" con ningún grupo político. O seu labor é denunciar as infraccións urbanísticas e loitar pola consecución dun medio ambiente que permita a Pontedeume acadar unha situación de privilexio no relativo a calidade de vida. Non me parece xusto clasificar o traballo deste colectivo dende un punto de vista político. Creo que os seus obxectivos son de tal obviedade que deberían ser asumidos por calquera persoa preocupada polo futuro deste concello. Non me cabe na cabeza que alguén poida criticar as demandas ecoloxistas que só buscan o benestar da comunidade e alertan do perigosa que pode ser a falta de control sobre as construcións fóra de planeamento. Quen ve neste traballo un interese espúrio, non pode ser maís que un malintencionado ou un ignorante.
Fusquenlla non puxo nin quitou alcalde. Foi o pobo de Pontedeume quen valorou negativamente o traballo realizado pola anterior corporación. E a responsabilidade dese traballo é de quen o realiza. Non recaia sobre Fusquenlla as responsabilidades doutros.
E por suposto que Fusquenlla non quedou de brazos cruzados. Quen siga esta páxina debería saber que segue actuando contra o urbanismo ao servizo dos promotores. O último foi a presentación de alegacións contra a urbanizacion que se quere levantar en BER, 200 vivendas na franxa litoral. Cremos que podemos evitar esa aberración e non escatimaremos esforzos. Como non o faremos para conseguir a efectiva paralización e anulación das licenzas de Caldagueiro, Correos, Nogueirosa, Vizús, etc. Sen esquecer a necesaria protección do casco histórico, un núcleo que, ademais do grave deterioramento que está a sufrir, é vítima de actuacións ilegais que non podemos tolerar. Non esquezamos que o casco histórico é o mellor patrimonio que Pontedeume posúe.
Por último, lembrar que este foro mantéñeno os que nel participan. E nunca foron os asociados a Fusquenlla os que máis se prodigaron nas intervencións. Polo que a crítica carece de fundamento.
|