Pois será agora que non teñen competencia para recollelos, porque hai un par de anos ben que a tiñan, ou se non a tiñan inventabana, eso si, tiñan que ser cans de raza que eran os que lle servian o individuo que os recollia, individuo que por certo ten nome e apelidos.
Pero eso non é o mellor....o mellor é que:
¡¡¡¡¡¡DE AQUÍ A UN PAR DE MESES VAI SER MAMÁ!!!!!
Mimadriña agora si que a armamos, esperemos que non veñan as forzas do orde público pola Ponte, porque como se poñan a sancionar van acabar o talonario de multas, porque resulta que dende hai xa varios meses instalouse na aldea unha cadela abandoada da que o concello non se pode facer cargo porque non ten instrumentos para atallar este feito, e curiosamente ten por pasatempo acarrexar todo o que atopa a man ou mellor dito a boca, a ela tanto lle da, coellos, galiñas, camisetas, zapatos, caldeiro o que sexa vamos, asi que pobre do que lle colla algo na sua casa porque como o vexan ainda o van multar.
Fai uns días chegou as miñas mans un expediente sancionador: multaban a unha vendedora da praza por deixar que un can levara un oso, supostamente do seu posto e este animaliño foi a deixalo tirado na rúa. O policita municipal de turno fixo de CSI á procura de probas que delataran ó dono de "oso" (ainda non sabemos se foi o can que o chivou), pero cando tivo probas suficiente zas .. MULTA.
O seguinte día chega outro expte. Nel se require para que se aboe ó Concello licencia de obra pola construcción dun galpón. Un cuchitril. Si si, o pequeno lugarciño que case todas las casas das aldeas teñen. Proxecto, licencia... Boeno, boeno, boeno.. sen palabras chico !!!
Ben. Chegados a este punto e sen querer entrar en pormenores nen detalles, só me queda preguntarvos: Pero estes toleraron ou que ???? Van en serio ? subida de taxas de contribución, ridiculas multas, requerimentos excesivos.. amigos estades labrando a vosa propia tumba. Para qué necesitades oposición ? vós soliños estades facendo a campaña en contra. Partido do PP estádevos quietiños, non vos mover de onde estades que xa tendes as eleccións no bolsillo.