|
Rematado o prazo que a Xunta concedeu ao goberno municipal de Ferrol para paralizar as obras na praza da Porta Nova, o goberno autonómico ameaza ao Concello de Ferrol con recurrir á vía xudicial se non obedece o requerimento. Ista é a postura da legalidade e a transparencia, tan cacareada últimamente nos mitines electorais. Pero, como estamos a comprobar diariamente, non é a que se aplica aos Concellos do PSOE e do BNG. Refírome con isto ás múltiples ordes de paralización dictadas pola Xunta contra o edificio de Caldagueiro. Esperemos que o goberno que saia mañá das urnas cumpra os requerimentos da Consellería. Aparentemente non deberiamos esperar outra cousa que a reposición da legalidade: primeiro porque é a súa obriga. Segundo, polas promesas escoitadas durante a campaña. Non querriamos empezar a loitar contra o novo Concello tan cedo.
|