|
O membro "ANGELA" pregunta sobre os padriños e madriñas que somos e a publicación na web como xeito de incentivar a entrada nos foros .
Verás , as cousas van un pouco mais atrasadas do que realmente quixeramos para o mantemento da web (renove das noticias , fotos , colaboradores . . .) pero estamos comezando con isto , somos poucos e todos temos outros traballos , co cal contamos en pouco tempo estar listos para automatizar esto ao máximo (collerlle o tranquillo) e poder respostar aos mail que nos enviades . . . Paciencia .
En resposta a tua pregunta , somos agora mesmo uns 100 padriños e madriñas , e isto sen practicamente publicitar a páxina en tele e radio , tanto en galicia como fora , co cal estamos con esa tarefa pendente para que se coñeza a idea fora do noso País e tentar facer mais soci@s . O de publica-lo na web estamos meditando de face-lo ou non (xa sabes , por aquilo da protección de datos)
Obrigados polos teus comentarios e animarte a que sigas participando nos foros e dando ideas .
Saúdos Angela
|