> A PONTE EXISTE!!!">
pasou un ano e todo segue igual ou peor, porque agora non e que non se faga nada, se non que se toman represarias por criticar todo isto, e con este foro A PONTE pasa a ser zona cero, xa que e a zona castigada, e non castigada por un desastre natural, se non por un politiquito desastroso, o cal, cando o criticamos, non se lle ocorre arreglar o tema, se non que e tan simple, que coas criticas, lle tocamos no orgullo, e a sua accion mais inmediata, natural e troglodita e castigarnos. Non se da conta de que non vivimos nen dependemos do concello de padron, o unico que nos doe, e o total abandono o que estan sometidas as aldeas, por culpa da incompetencia deste tipo de xente. Xa que ainda que o tenente-alcalde e o que se da a ver ( con tonterias ), tamen existe un alcalde ( existe ? ).
P.D. : supoño que os conservadores estaran contentos, xa que non se fai nada ( como facian eles cando estaban )
G racias á existencia deste foro, algún dos amigos do pp ahora si que puxan por arranxar algo da ponte, ¿sera que queren gañar votos para as próximas eleccións? E evidente que algún quere quedar ben, que quere o intento de aproximación, ¿pero por que non antes? claro don dinero anda por medio. Que quede claro que non falo do antigo alcalde, sinón de algún fillo de papa e mama que o que quere e intentar gobernar, mandar e chupar do bote, pero amigo, vexote jodido, ¿por qué non deron señales de vida e fano ahora? solo e cuestión de pensar un pouco, igual se cren mais listos cos demais, pero engañados non vivades, o feito feito está e xa non hai forma de arranxalo, e os da ponte ainda que non seamos todos "licenciados" parvos non somos.
!AHÍ QUEDA ESO!
A PONTE EXISTE AINDA QUE PASEN 100 ANOS MAIS
Pasou un ano, pasou.E virá o segundo, e o terceiro e a metade do cuarto. Entón ahí comezarán os actos. O bacheado de camiños. A limpeza do campo da Ínsua co tractor do concello, algunha que outra cadeira para o centro social, o arranxo de medio patio da escola, e quen sabe cantas medias cousas máis.Creo que incluso, seguindo a liña que levamos, cando comecen os actos electorais alá unhas semaniñas antes das eleccións, os mitins convertiránse en xuntanzas hipócritas nas que non faltarán pinchos e viño...e que como ben dí Durruti, o simple feito de pasar o brazo polo lombo calmará posibles alteracións...e todo na búsqueda de outros catro anos no poder...A pregunta é..¿como teñen pensado manter o governo si o están facendo peor que os anteriores?Non sei, pero o feito de que non se dean posto de acordo para aprobar os orzamentos algo quere decir. ¿Por qué non dan acordado? Seguro que tanto uns coma outros andan a discutir para non destinar nada ó rural, i en especial á Ponte. Uns queren destinar o mínimo, e os outros menos. Entón, cando non dean chegado a acordo e comecen a facer chamadiñas para chegar a acordos...e cando queiran someter ós reclamados as súas imposicións, i estes se neguen...claro, ahí será que tanto o BNG coma o pPG son uns túzaros e uns intratables e que non hai maneira con eles. Tremamos entón para que non chamen ós outros...
JODER...VAITE PARANOIA LLE ACABO DE LARGAR: ¡¡¡AGARDEMOS QUE NON SE CUMPRA!!!!
Por certo, a foto é baixando pola da cuchitana, dende a estrada vindo de padrón, pasando por diante da da alemana.
Xa pasou un ano dende aquel día no que a escuelita da Ponte se convirteu no epicentro da noite eleitoral, foron momentos de emoción de ilusión, ve-las caras dos peperos na derrota eso é impagable.
Esperabamos moito do cambio que algo mudara no Concello e na nosa aldea, aquel protagonismo aparecía como unha sinal dos bos tempos que tiñan que vir. É nembargantes 360 e pico días despoís a desilusión é evidente para todos nós.
Empezou mal a cousa intento de pacto co PP por parte do Mesías e o bloque sen formar parte do goberno. Antoxabasenos a moitos que un tripartito comandado por Camilo, o empuxe do Mesías e a vía directa que supoñía o BNG con vicepresidencia, era o ideal para sacar o Pobo do abandono a oportunidade de non perder o tren do progreso.
Pero nada de nada o único que temos e máis abandono e o pior unhas actitudes fachosas moi propias do anterior desgoberno, intentos de censura, machacar a todo aquel que represente unha voz crítica etc, etc,
Pasou un ano era un bo momento para que os partidos políticos se reuniran cos veciños como así o manifestaban nos seus mitines, pero nada de nada prefiren coma os outros recibir de un en un no Concello nunha imaxe patética de sube e baixa a recibir a mán polo lombo ou os gritos segundo teñan o día do Alcalde e do Mesías.
E fanno ben xa vemos que contenta quedou a rebelde de B69 ca visitiña de Camilo que entre expulsar a militantes críticos e sacha-lo repolo tivo un momento para visitar a escola da Ponte. Pero "obras son amores y no buenas razones".
No eido cultural para que falar, a Pascua un desastriño e a xestión peor que mal contratando empresas ilegais e facendo concertos que dan perda. Houbo algo para o día das letras galegas???? na prensa non vin ren. Ah¡¡¡¡¡ non hai cartos olvídanse daquelo da imaxinación ó poder.
No quero poñer eu todo o que non se fixo e o que queremos que se faga abrín este tema para que participasedes tod@s e poñades as vosas impresións sobre este ano para min PERDIDO
Tamén a miña solidaridade co militante que queren expulsar do PSOE por expresar a realidade do que pasa en Padrón. Ten moita razón faldrasfora este rapaz só manifestou unha parte do descontento e o divorcio que hai entre as bases dos partidos e os representantes no Concello, unha das instructoras da causa colocou a súa sobriña nunha alcaldada máis das que se están a cometer na Casa de todos ¿gustoulles ós militantes do psoe??? e o ninguneo dos militantes históricos gustoulles??? PARA NADA así que o mellor e á expulsión dunha voz crítica e acabar con calquera tipo de manifestación crítica a quén recorda esto????
Agradecer o PP o seu interese pola Ponte, e os veciños que dedicaron o seu fin de semana a limpar a próxima vez avisade, se é que existeu unha primeira vez. Por certo a foto da prensa a que camiño da Ponte corresponde e que nin me sona.
ASOCIACIÓN DE VECIÑOS XA¡¡¡¡¡¡ A PONTE EXISTE¡¡¡¡¡