¿e será verdade? AXUDA cockydaponte/SAN ROQUE 08 cockydaponte/SAN ROQUE 09 Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet A_PONTE_14181.gif Free PageRank Checker

A PONTE EXISTE!!!
outra historia da ponte
* E-mail:
* Password:
Registrarse Presentación Miembros Imágenes
¿Has olvidado tu Password?

Lista de mensajes
Autor Mensaje
jose angel
 
Mensajes: 10
Registrado: Agosto/2008
Estado: Off-line
Grupo: Nuevo usuario
 
 
  Re: outra historia da ponte 31/Agosto/2008 - 22:27

hoxe,levei unha alegria o ver a paxina da ponte existe,ainda q leve a mitade da miña vida fora da ponte sempre estara no meu corazon ata q morra,as festas as mellores,a xente tamen e sempre estarei disposto a axudar no q faga ffalla.unha aperta a toda a ponte
Fidel
 
Mensajes: 21
Registrado: Marzo/2008
Estado: Off-line
Grupo: Nuevo usuario
 
 
  Re: Re: outra historia da ponte 21/Agosto/2008 - 13:50

Noraboa polo teu comentario durruti, eres dos poucos que soupo ver ou que polo menos asi nolo comunicou, a importancia que quixemos darlle este ano dende a comisión de festas a manter viva a memoria historica e darlle o valor que se merece a tradición e a historia da nosa aldea.

Dado o presuposto tan limitado co que contamos para facer unhas festas nestas datas tan anormalmente encarecidas, non queriamos por elo renunciar a esta tradición que os mais maiores da aldea recordan dende sempre, polo cal quixemos que a xente disfrutara das festas dia e noite, sen basearnos somentes na simple verbena, gustariame pensar que a xente disfrutou e valorou realmente os xogos populares que quixemos recuperar (chave, estornela etc).

En canto a xente que foi apresada na illa de San Simon, eu era moi pequeno e daquela non me decataba do que aquelo significaba, pero estiven fai moitos anos nesa illa con un dos que ali estivo preso donde el lles narraba os que ali o acompañaban todo o ali vivido. E unha pena que xa non esté entre nos, pois estou convencido que seria un testimonio historico e interesante.

A PONTE EXISTE DENDE SEMPRE

Cocky da Ponte
 
Mensajes: 337
Registrado: Marzo/2008
Estado: Off-line
Grupo: Administrador del foro
 
 
  Re: outra historia da ponte 21/Agosto/2008 - 11:41

Si señor...canta razón tes...e graciñas polo das festas, xa que sendo subxectivo, e non podendo ser obxectivo, penso que foron das mellores dos últimos anos...deixando a un lado o tema MUSICAL, por eso mesmo que comentas, as trabas económicas. Que conste tamén, que ós da Ponte danos igual quen veña, xa que a festa facémola nós...e non catro, ou oito ou quince tipos e tipas enriba dun escenario. As festas son dos veciños e para os veciños.
En canto ó apoio das institucións...o único que teño que decir é que os que máis sorte van ter van ser os da comisión do San Roque do 2011....

Un saúdo a todos.

durruti
 
Mensajes: 6
Registrado: Abril/2008
Estado: Off-line
Grupo: Nuevo usuario
 
 
  outra historia da ponte 21/Agosto/2008 - 11:31

 

Felicidades polas festas, realmente é o camiño a seguir, fomentar as tradicións, e as actividades polo día, pois na fecha que son as nosas festas a verbena e prohibitiva, polo tanto mentres os precios non baixe fomenta-la tradición e unha opción par a mellora das festas do Patrón.  A orixe da celebración das festas ó Santo Roque é posible que veñan da época das gripes de principio do século XX, cando se sacaba ó santo para invocar a súa protección (San Roque é avogoso das epidemias) poderíamos volvelo a quitar pola Ponte é facer parada no concello onde está radicado o  centro da epidemia dos males da nosa aldea o mal do olvido. Había alguén do Concello nas nosas festas ??? nas cucañas??? apoiando a iniciativa da Comisión sainte de converti-las en interese turístico????Cantos cartos se destinaron dende o Concello para as nosas festas???? Cumplironse as promesas electorias de apoio as distintas festas parroquiais???

Outra historia, como sabedes temos unha lei de Memoria Histórica que non é para levantar ampoias en ninguén, senón que non se olvide unha época nen as xentes que loitaron por dereitos dos que hoxe desfrutamos. Dende o Concello, tan só se cumpleu co de cambiar ó nome das calles que está ben pero serve de pouco. No concello veciño de Cesures saben dende antes da lei quen era o seu alcalde na época da republica os personaxes que formaban a élite intelectual etc, en Padrón nada de nada, pouco se pode esperar dun grupo que non quere homenaxear ós históricos do seu partido e do outro grupo quen sabe de que vai. Eu vouvos a contar algo aínda que me faltan moitos datos nomes etc. 

A zona de Cesures-A Ponte era unha zona industrializada na época da república, por eso e unha zona con sensibilización polo movemento sindical, houbo homes da nosa aldea que acabaron no presidio de San Simón e no éxilio, xente moita ela con poucos estudos pero con un alto nivel cultural conseguido de forma autodidacta.

Alguén debería de facer xusta homenaxe a estas xentes así que animo a todo o mundo a que recabe toda a información posible, e así preservar a memoria dun tempo unha época e dunha loita.

Felicidades o grupo de cantereiros e cantareiras, e a súa directora por retomar unha tradición que tamén forma parte da Aldea, o das pandereteiras e os dos coros, preguntadelle senón os vellos da Ponte.

A PONTE SEMPRE¡¡¡¡¡¡¡¡¡


Usuarios activos
7 usuarios activos: 0 miembros y 7 huespedes en el foro.
 Reglas de mensaje
no puedes escribir nuevos temas
no puedes responder a los temas
no puedes adjuntar archivos
no puedes editar tus mensajes
Contactar con el Administrador del foro.

La utilización del servicio vendrá condicionada por la previa aceptación de las Condiciones Generales de Uso del Servicio.



Foro gratis creado en ForosWebGratis.com. Crea tu propio foro aquí.