FUSQUENLLA

Por un urbanismo racional e sostíbel para Pontedeume

FUSQUENLLA
¿Onde está a Esquerda-Eumesa.
* E-mail:
* Password:
Registrarse Presentación Miembros Imágenes
¿Has olvidado tu Password?

Lista de mensajes
Autor Mensaje
jaci
 
Mensajes: 1
Registrado: Mayo/2007
Estado: Off-line
Grupo: Nuevo usuario
 
 
  Re: ¿Onde está a Esquerda-Eumesa. 30/Mayo/2007 - 23:06

¿Quen  pregunta onde está a esquerda eumesa? Coido que nesta vila temos moitos esquerdosos de autodenominación pero non de feitos.

 

Semella que non queremos ver a realidade, a pouca esquerda  que había en Pontedeume foi desbancada no comezo dos 80 por BELARMINO, CHACHO, CARRILLO, A.ALLEGUE... Todos eles fixeron unha fronte e se  presentaron na Coruña dicindo que a executiva que había non era representativa desta vila, pois so eran “traballadores” de diversas empresas da comarca.

 

Ós socialistas da Coruña tampouco lles gustaban moito os “traballadores”, porque eles tamén tiñan as chaquetas a virar  no xastre, e mandaron unha lista coa nova executiva. Nesa executiva si que ía xente representativa pero da Falanxe Española. Non sei qué sería da esquerda defenestrada por F.E. (TRIGO, SUSO, MIGUEL e alguns "traballadores" máis), pero eu me pregunto, ¿votarían estas listas actuais que denominades  "progresistas" ou se decantarían por outras que algúns chaman de  “ultradereita”, e que está formada polos fillos de moitos daqueles traballadores?

 

Vexo que coñeces moi ben á xente que ten máis posibilidades de chegar a acordos para formar goberno, os “ultradereitistas” segundo a tua opinión.

 

Eu tamén nacín nesta vila e aquí vivo. Coñézote pero pouco, porque ti nesta vila pouco estiveches e cando estabas relacionábaste unicamente coa xente VIP... (¿debo supoñer que esa xente VIP era de “esquerdas”?).

 

 

De tódolos xeitos, non creo que todas estas persoas que integran as “listas ultradereitistas”, nin os seus pais, teñan nada que ver coa ideoloxía que ti lles estás impoñendo, ou polo menos, o seu xeito de actuar e de relacionarse co pobo así o demostra.

 

 

Esquerda Eumesa
 
Mensajes: 3
Registrado: Mayo/2007
Estado: Off-line
Grupo: Nuevo usuario
 
 
  Xuntémonos a xente que temos ganas de traballar 30/Mayo/2007 - 18:39

Hola a tod@s!! Somos un grupo de persoas de Pontedeume con ideoloxía de esquerdas, que buscamos outra xente con ideas parecidas que teña gañas de traballar pra este pobo tan mal aproveitado durante moitos anos. Se eres xoven e tes ganas de traballar por Pontedeume (temos 4 anos por diante), e ir preparando unha corrente de opinión para no futuro formar un partido político, manda un correo a esquerdaeumesa@yahoo.es cos teus datos, inquietudes e forma de contacto. Faremos unha xuntanza en breve pra darlle forma ás ganas de cambio que hai nesta vila (ganas de cambio, pero non hacia a dereita). Un saúdo e noraboa ós gañadores das pasadas eleccións, Bel e Fernando.
dascroas
 
Mensajes: 2
Registrado: Mayo/2007
Estado: Off-line
Grupo: Nuevo usuario
 
 
  Re: ¿Onde está a Esquerda-Eumesa. 30/Mayo/2007 - 18:04

viendo los grupos de cortos mentales que se presentaban lo normal es no votar. el día que las elelcciones sean por listas abiertas a lo mejor los de izquierdas que nos quedamos en el sillón votaremos. A ver si los partidos tienen huevos a preconizar las listas abiertas. se les acbaria el chollo de presentar candidaturas rumiadas en ls comilladas del partido,  formadas por mediocres
decepcionada
 
Mensajes: 1
Registrado: Mayo/2007
Estado: Off-line
Grupo: Nuevo usuario
 
 
  Re: ¿Onde está a Esquerda-Eumesa. 30/Mayo/2007 - 13:24

Tes todaa razón, Lezo, por castigar ós que fixeron de desastre, jorobámonos 4 anos; estou tan decepcionada, nunca pensei ver a esta xente no goberno do noso pobo, paréceme volver ós primeiros anos despois da ditadura. Penso que están equivocados os que deixaron de votar, esas non son maneiras de demostrar o malestar.
Antón
 
Mensajes: 28
Registrado: Febrero/2006
Estado: Off-line
Grupo: Administrador del foro
 
 
  Re: ¿Onde está a Esquerda-Eumesa. 30/Mayo/2007 - 10:13

Estimado Lezo: deduzo polas túas palabras que preguntas polos eumeses que declaránrose de esquerdas non votaron ao PSdG ou ao BNG. Estamos aquí, exixindo un goberno que sexa realmente de esquerdas e atenda as demandas cidadáns de progreso, respecto ao medio ambiente, urbanismo sotible, defensa do casco histórico, mellora de servizos, etc. Ao longo destes catro últimos anos, nada disto se conseguíu do goberno local. É máis, camilñaron nunha dirección distinta, apostando polos "señoritos" como Lagares, Mendaña, e outros. Pódesenos alegar que o que se votaba era outro goberno pero as listas o desminten. No BNG nin siquera renovaron a candidatura, na que aparecían os mesmos concelleiros que asinaron moitos dos decretos e licenzas que cuestionamos; no PSdG a renovación non era total e Vilariño foi un concelleiro de urbanismo que asinou lkicenzas en zona de protección costeira. Todo iso fai pensar ao votante de esquerdas, con razón, que se lle está a ofrecer outro tanto do mesmo. E a abstención ou o voto en branco é unha pposición totalmente lexítima que ademais ten un significado. o rexeitamento á práctica política tal e como se leva.

 

Indalecio Regueira
 
Mensajes: 3
Registrado: Enero/2007
Estado: Off-line
Grupo: Nuevo usuario
 
 
  ¿Onde está a Esquerda-Eumesa. 30/Mayo/2007 - 08:26

Sangrante o da Esquerda-Eumesa. Deixar o Concello nas mans "Ultradereitistas", por darlles unha leción o Bloque e a o Psoe, pareceme de moi pouca intelixencia. Son nacido en Pontedeume, e sinto verdadeira vergoña. ¿Donde carallo está a Esquerda-Eumesa? ¿No sofa?. Completamente decepcionante, pouco intelixente, e pasotil. Catro anos igual vos fai reflesionar, si ainda vos queda algún sentimento de "Xustiza social", todos temos claro quen son os do PP, e o Coe. Resulta que agora son os que representan a Pontedeume. Dame "pena" e me di moito da Esquerda-acomodada no sofa-Eumesa. Mi mais setido pésame. Lezo.  

Usuarios activos
1 usuarios activos: 0 miembros y 1 huespedes en el foro.
 Reglas de mensaje
puedes escribir nuevos temas
puedes responder a los temas
puedes adjuntar archivos
no puedes editar tus mensajes
Contactar con el Administrador del foro.

La utilización del servicio vendrá condicionada por la previa aceptación de las Condiciones Generales de Uso del Servicio.



Foro gratis creado en ForosWebGratis.com. Crea tu propio foro aquí.