|
Amigos, o noso momento parece chegar, o momento de facer algo por Nigrán, de loitar pola dignidade dun pobo e non deixalo en mans dunha cuadrilla de mafiosos que especula, rouba e afoga o paraiso que algun dia foi o noso fogar. Nos últimos anos o concello de Nigrán experimenta unha espectacular transformación urbanística; as urbanizacións, os saus e demáis aspectos degradantes do ecosistema local proliferan o mesmo ritmo que se derrúe o noso pobo, se derriban hectáreas de bosque e se amenaza o noso entorno natural. Ademáis todo vese salpicado por unha mais que sospeitosa estratexia que ten como finalidade encher os petos duns energúmenos sen escrúpulos. Poderíamos profundizar en mil tema pero o importante e saber que o actual goberno municipal permanece impune ante tan desmadrada situación, e mais, ¿quen duda de que o alcalde e a corporación municipal nos estan a utilizar nigrán para sacar tallada no tan triste a vez que xugoso mundo da burbulla inmobiliaria? Por isi nos, que somos xoves e queremos a Nigrán, nos que algún dia desfrutamos da tranquilidade e da calidade de vida de Nigrán non debemos aturar que onde hoxe tiñamos un parque, unha arbore ou un lugar inesquencible da nosa infancia hoxe vexamos un andamio, un camión e unha pala. ¿Porque? Desgraciadamente moita xente posue a crencia dun falso futuro cheo de turistas guiris e adiñeirados gigolos praieiros que van converter nigrán na Marbella das Rias Baixas. De verdade e eso o que queremos, de verdade queremos afrontar un futuro Nigrán cunha poboación de 55000 habitantes ? ¿De verdade queremos que se perdan todos aqueles currunchos e rescoldos cos que identificamos todas as nosas experiencias??? ¿¿Queredes vivir nunha cidade chea de fumes, de ruido, de chalets adosados?? Non seri, eu penso que ese non ten por que ser o noso destino e creo que chegou o momento de facer algo, de toma la palabra ou de coller unha pedra, de coller sentido e de abandoar o noso comodo conformismo e os prexuizos de quen pensa que esta e unha actitude politiqueira e barata... NON¡¡¡¡¡ NON O IMOS PERMITIR¡¡¡¡ por eso temos que falar, que xuntarnos, que amosarlles que aqui nos teñen, que imoslle da la murga e que o han de pasar de medo con nos¡¡¡¡ Eles son moi perigosos e poden quemar os nosos coches pero nos temos que queimarlle os petos¡¡¡¡ Se queres a Nigrán móvete e apoianos¡¡¡¡¡
|