|
Bueno, tras uns días nos que estamos fartos de ver nos xornais(e pouco máis) a mala nova de que no Ulla hai un leve verquido de "chapapote" supoño que será hora de que falemos da realidade en torno ó tema.
Non quero meterme a "denunciar" quen fixo o verquido, nin si foi un accidente...ou si simplemente foi un de tantos e que como dixo o presidente da asociación de Valeiros no telexornal: "este levantou tanto revuelo porque saeu á superficie, pero a saber os que hai e dos que non nos enteramos". Únicamente vou a reclamar para os mariñeiros e valeiros que estes días andan estragando os seus barcos, as súas roupas, os seus aparellos....os seus corpos....esa axuda que non lles sobra. Penso que non chega con pagarlle por limpar, xa que eles íano facer igual ó tratarse do seu medio de vida. Tamén penso que non chega con darlle o típico traxe branco sobrante do cargamento que o difuntiño de Cuiña lle empapelou á Xunta cando fora do Prestige. Tampouco vale que cando rematen lles vaian a limpar os barcos. E moito menos sirve que lles manden a uns cuantos operarios de "TRAGSA" a axudar, que aínda que por onde pasan, a verdade é que da justo ir(véxase o río de Rois)....
Está claro que o problema ven polos verquidos ó río, pero si estes señores da foto, se adicaran a facer o seu choio e non a estar tomando cafés nos bares....outro galo cantaría. ¡QUE LIMPEN O RÍO!¡QUE SE PREOCUPEN DE VIXIAR OS DESAUGUES QUE VAN DIRECTAMENTE Ó RÍO!....sexan de quen sexan...QUE COLLAN AS SÚAS BARCAS E SE BOTEN Ó RÍO A AXUDAR ÓS QUE LIMPAN....E SE DEIXEN DE ANDAR A LER O XORNAL PARA ENTERARSE DO QUE PASA.
¡¡¡CANTO INÚTIL....e a saber a de xentiña que ten o título e non lle vale para nada!!!
PD: Esta foto foi sacada no mesmo momento no que, entre outros, mariñeiros da Ponte se afanaban por limpar o río e se preocupaban por manter ben posta a "barreira"....
|