¿e será verdade? AXUDA cockydaponte/SAN ROQUE 08 cockydaponte/SAN ROQUE 09 Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet A_PONTE_14181.gif Free PageRank Checker

A PONTE EXISTE!!!
NOTA DE PRENSA DO BNG DE PADRÓN: ORZAMENTOS DO CONCELLO
* E-mail:
* Password:
Registrarse Presentación Miembros Imágenes
¿Has olvidado tu Password?

Lista de mensajes
Autor Mensaje
Cocky da Ponte
 
Mensajes: 337
Registrado: Marzo/2008
Estado: Off-line
Grupo: Administrador del foro
 
 
  NOTA DE PRENSA DO BNG DE PADRÓN: ORZAMENTOS DO CONCELLO 26/Junio/2008 - 09:50

En resposta ás recentes acusacións que o goberno padronés está a facer contra esta formación, por non aceptar os orzamentos presentados por PSOE e CiPA, o BNG de Padrón quere sinalar en primeiro lugar que o “exercicio de responsabilidade política” que lle esixe o executivo local é algo que xa debería ter feito no seu momento o propio goberno local, que non tivo en conta ningunha opinión que non fose a propia á hora de elaborar estas contas.

 

 

O BNG xa explicou suficientemente no Pleno que estes non son os orzamentos que Padrón precisa en canto non resolven o problema do endebedamento, por non presentar un plan de saneamento, tal como recolle o informe de intervención, nin aborda ningunha das grandes cuestións que con tanta urxencia precisa o Concello.

 

 

            Neste sentido, o BNG padronés sinala que, unha vez que non se abríu a porta ás súas propostas para a elaboración destes orzamentos, o seu voto favorable estará condicionado á inclusión de certos ‘mínimos’ que non responden senón a cuestións significativas que van encamiñadas a satisfacer as demandas de todos/as os/as veciños/as, polo que solicita que se doten as correspondentes partidas orzamentarias para abordar as seguintes cuestións:

 

1. A elaboración de un estudo sobre o aparcamento para resolver o problema do tráfico

 

2. A elaboración de un programa de mellora do transporte entre o núcleo urbano e os núcleos do rural padronés

 

3. Garantír o transporte para os/as rapaces/as das parroquias para que poidan asistir ás

 

actividades que organiza o Concello, algo que atende a reinvidicacóns feitas por veciños/as das parroquias de Padrón.

 

4. A elaboración e execución dun plan de eliminación dos vertedoiros incontrolados e a recuperación dos espazos nos que estes se atopan a día de hoxe.

 

5. Que o Concello de Padrón poña a disposición do Consorcio Galego de Servizos da Igualdade e do Benestar o terreo/infraestructura necesaria para a construcción ou posta en marcha dun Centro de Día

 

5. Unha dotación de 30.000 euros para a Casa-Museo Rosalía de Castro, encamiñada a reorientar a política cultural que o Concello de Padrón leva feito ata o de agora (a do actual goberno semella un calco da do anterior)

 

 

Xoan A. Santaló Rios,

 

Voceiro do BNG no Concello de Padrón

 


Usuarios activos
3 usuarios activos: 0 miembros y 3 huespedes en el foro.
 Reglas de mensaje
no puedes escribir nuevos temas
no puedes responder a los temas
no puedes adjuntar archivos
no puedes editar tus mensajes
Contactar con el Administrador del foro.

La utilización del servicio vendrá condicionada por la previa aceptación de las Condiciones Generales de Uso del Servicio.



Foro gratis creado en ForosWebGratis.com. Crea tu propio foro aquí.