A do mapa está bastante ben...creo.
A outra ó mellor non é do gusto de todos...pero como aquí ninguén aporta nada...
Despois habemos de agardar ó último día para ir decidindo. ¿pero non é mellor ir mirando o tema con tempo?
que ostia farías tí ahí....
si non as das posto envíamas por email que as poño eu
Vós non vos preocupar que xa poño eu ideas, porque moito falades...pero aquí ninguén aporta nada.
¿Acaso non vos parece ben a idea de ir mirando xa este tema e poder elexilo con máis calma e tempo?
Bueno, pois como ninguén pon nada...aquí vos deixo un par de ideas...para ver si vos animades e ides engadindo algunha máis. Tampouco sei si a idea vos parece ben...¡como ninguén dixo nada..!
Animádevos....usemos o foro para algo máis que para insultar e reivindicar....
Bueno, agora que parece que o ladilla aquel non volve por estes lares...a ver si por fin podemos levar por bo camiño o foro.
Como saberedes, para a festa da Ponte faremos camisetas á parte das da comisión...con cadanseu mote atrás...e con un debuxo. Bueno pois este ano, o lema parece que vai estar claro....pero a partires de hoxe podedes comezar a aportar ideas para o debuxo.
Podedes facelo vós mesmos, e con sacarlle unha foto co mobil...e poñela sería suficiente. Ou poñer algún que teñades por ahí e vos guste. O calquera que vexa des en interné. O ideal é que tódalas ideas as vaiades poñendo aquí...e como hai tempo...poñemos unha data máxima para aportar ideas, por exemplo o 30 de xuño. Despois entre tódalas ideas facemos unha votación e poñemos outro prazo: o 30 de Xullo. E a que saia máis votada poñémola. ¿que vos parece? Seguramente a algún despois non lle guste a camiseta. Eso sempre pasa. Pero penso que é o máis democrático...e teremos que comezar a predicar o exemplo.
P.D.: SI ALGUÉN QUERE APORTAR UN LEMA TAMÉN O PODE FACER.