Consultando cun amigo avogado, ten a seguridade que, de ter que demoler o edificio, a responsabilidade sería do construtor por non paralizar a obra no seu momento e por non se axustar á licenza concedida.
O concello estaría eximido do pago aos propietarios.
Claro quer logo vai ti a saber como pensan os xuices.
Algúnsa compradores sabían dos problemas da obra de Caldagueiro: merecen o que teñen
Outros non se molestaron en preguntar: merecen o que teñen
Outros compraron para especular: que se fodan
Todos están arrepentidos e resúltalles difícil revender o piso
A hora dos tribunais xa chegou. Ás catro vivendas cuxas licenzas foron anuladas por un xuíz, hai que sumarlles a denuncia do Fiscal da obra na Av. do Ferrol.
Preguntámonos para cando unha actuación xudicial contra Caldagueiro e Casa de D. Pablo. Certo que son casos máis difíciles por ser obras case rematadas. En Caldagueiro Lagares tivo o acerto de pedir aois compradores que habitasen canto antes as vivendas. Un posíbel desaloxo será moi difícil, pero os xuíces non deberían verse supeditados polas políticas de feitos consumados. A xustiza debe ser igual para todos, mesmo para os promotores. Coa agrvante que estes sabían moi ben o que facían e merecen menos benevolencia que outros. Lagares decidíu cobrar e desaparecer. Os inquilinos están con luz de obra e sen escriturar as propiedades.
De quen é a responsabilidade? Unha pregunta para moitas respostas