é certo que a nivel local non existen grandes diferenzas entre un votante do BNG e un de EU, pero si que existen a nivel máis global, por iso penso que se o que se trata é de crear un proxecto integrador da esquerda descontenta desta vila non pode ser baixo o paraugas de ningún partido xa existente.
ademáis creo que a anterior mensaxe está no certo, hai moito que artellar antes de debates tan a longo prazo.
polo intre a idea de que naza unha corrente de opinión crítica dentro da esquerda en Pontedeume é unha idea que ilusiona, e coido que a moita xente.
un saudo
Tan só aportar unha opinión:
É tan ilusionante como precisa esta iniciativa de argallar un novo colectivo, corrente de opinión ou como se lle queira chamar que aglutine á xente de esquerdas descontenta coa actuación tanto de BNG como de PSOE nestes últimos anos; agora ben, se tratamos de sumar esforzos, temos que facilitar a incorporación a esta idea das diferentes sensibilidades políticas que poden coexistir na esquerda, polo que un partido político xa existente, como sería EU, cos seus estatutos e as súa disciplina partidista, non resultaría válido.
Compre, na miña opinión, que xurda algo novo para que esta iniciativa chegue a bo porto.
Un saudo
Parece que o poder da rede é máis grande do que se pensaba. Por primeira vez, en Pontedeume hai unha colectividade que é capaz de manifestarse sobe distintos temas e incluso organizarse: léase Fusquenlla. Isto é bon, san e denota progreso. Creo que calquer accion que leve a crear ou a repensar unha alternativa de esquerdas é algo positivo. Tamén creo que os colectivos cidadáns como Fusquenlla deben seguir existindo á marxe das disciplinas partidarias. Ámbolas dúas opcións son necesarias pero unha non debe "estorbar" á outra.
Adinta cos novos proxectos; adiante con Fusquenlla.