|
Estou bucando un can para adoptar para ter nunha casa con finca. Ata o de agora tiña un pastor catalán, algo rabudo, pero moi cariñoso, que morreu a semana pasada dun cancro de fígado.
A miña idea era dun can de tamaño mediano ou grande, pero sen ser xigante. En canto a razas dáme igual, pero estaba pensando en algo como un labrador, non tanto polo aspecto senón polo carácter tranquilo, xa que na casa hai unha persoa maior que sempre ten no can unha compaña.
|