|
Creo que iso de "meterse co goberno" era a forma axeitada de solucionar os problemas urbanísticos, dado que o principal responsable deses problemas desde hacía xa moito tempo era ese mesmo goberno. As últimas decisións xudiciais non fan outra cousa senon confirmarlo, e, de paso, confirmar tamén que as acusacións que fixemos desde Fusquenlla foron en todo momento na liña correcta. Ahora ben, as críticas sobre o suposto silencio do colectivo cara ao novo goberno paréceme un tanto desatinadas. É certo que os programas electorais dos actuais responsables municipais non colocaban o urbanismo entre as súas principais preocupacións,, pero a no ser que se considere motivo de crítica a inactividade, bastante teñen neste momento con resolver o rexeitamento do PXOM e as negociacións, que se prevén arduas, con Consultora Galega. Quixera engadir tamén, coincidindo con Antón, que sodes vós e non Fusquenlla, quen mantén vivo o foro, e de vós seguirá dependendo que siga activo; hai outras formas de participación que non tiveron eco, sendo o noso desexo desde un principio que o colectivo se fose ampliando ata converterse nun amplo movemento cidadán. Pero non somos máis dos que somos, un pequeno grupo de persoas que van a intentar seguir na mesma liña, independentemente da cor do goberno.
|