FUSQUENLLA

Por un urbanismo racional e sostíbel para Pontedeume

FUSQUENLLA
ultradereita
* E-mail:
* Password:
Registrarse Presentación Miembros Imágenes
¿Has olvidado tu Password?

Lista de mensajes
Autor Mensaje
extrema
 
Mensajes: 1
Registrado: Junio/2007
Estado: Off-line
Grupo: Nuevo usuario
 
 
  Re: ultradereita 07/Junio/2007 - 09:45

O número 3 do PP é un señorito que leva toda a vida vivindo dos pais, nunca tivo un traballo e xa pasa dos 30, un individuo que non quere nin oir falar de galescolas porque a ver que vai ser iso de que os nenos falen galego, e moito menos de facela en Nogueirosa porque a ver a conto de que teñen que beneficiarse os nenos da vila, e mesmo doutros concellos, dunhas instalacións na súa parroquia. 

Vexo que te coidas moito de non falar do COE, como sabrás tamén van gobernar, e non sei se ti os coñeces, pero tamén son rapaces xóvens e criados na vila, parece que como son de aqui xa non poden ser de extrema dereita, pois equivocaste, que ten que ver a idade ou a procedencia, as súas actuacions, ideoloxía (ainda que din que non a teñen) e formas son propias da extrema dereita e moito me temos que non imos tardar en comprobalo.
david
 
Mensajes: 30
Registrado: Marzo/2006
Estado: Off-line
Grupo: Nuevo usuario
 
 
  ultradereita 06/Junio/2007 - 18:25

Son xa varias as mensaxes que falan de ultradereita gobernando en pontedeume.

Cando escribimos en internet non temos nigún tipo de complexo ó clasificar a uns e outros e solemos olvidarnos que estamos a falar de persoas.

Da mesma forma que se pode calificar a alguen do pp de estrema dereita poderiase decir o mesmo de alguen do PSOE ou BNG de estrema esquerda. E coido que os estremos soen ser malos.

Non creo que as maneiras de facer política do último goberno fora moito de esquerdas, o señor Belarmino, por non falar do señor Paco Vázquez non creo que sexan persoas moi progresistas.

Da mesma forma non creo que a postura defendida polo BNG en Ferrol de non posicionarse claramente en contra da planta de gas e da súa ampliación (fai pouco aprobada pola xunta con un conselleiro do BNG), poida tomarse como unha defensa da nosa terra. Ou é mais perigosa a celulosa de Pontevedra que a planta de gas de Mugardos?

Cada un é do seu pai e da sua nai. Cada un ten unha forma de pensar e unha ideoloxía mais o u menos propia, e definir a un colectivo con xeralizacións, non fan mais que definir a pobreza intelectual de quen fai esas afirmacións.

Coido polo pouco que os coñezo, que ainda que o numero un do pp poida ser un pouco cuadriculado, os numero 2, 3 e 4 son rapaces xovenes nacidos e criados na nosa vila, que polo menos 100 dias de duda merecen. Son como calquera de nos, e merecen cando menos un respeto.

As loitas políticas sen argumentos, o único que fan e empobrecer a política e facer que a cidadanía cada vez sinta mais lonxe aos seus gobernantes, aos cidadáns que se presentan nas distintas forzas políticas. Fai que con mais frecuencia surxan agrupacións locais populistas que pensan que criticar por criticar sen dar solucións é algo normal, e que todo e fácil.

Unha nova etapa empeza na nosa vila, despois de 20 anos con o mesmo alcalde, habera outro.

Espero polo ven do noso pobo que estos proximos 4 anos non sexan igual de nefastos que os anteriores. Espero que a dereita non pense en darlle a volta de golpe a todo un tecido asociativo que leva moitos anos traballando ao marxe de concello. Espero que todos os partidos pensen en sumar e non en restar esforzos.

Espero que algún dia falemos de persoas, de cidadáns, do pobo e nos deixemos de tanta dialectica sofista.


Usuarios activos
1 usuarios activos: 0 miembros y 1 huespedes en el foro.
 Reglas de mensaje
puedes escribir nuevos temas
puedes responder a los temas
puedes adjuntar archivos
no puedes editar tus mensajes
Contactar con el Administrador del foro.

La utilización del servicio vendrá condicionada por la previa aceptación de las Condiciones Generales de Uso del Servicio.



Foro gratis creado en ForosWebGratis.com. Crea tu propio foro aquí.