Salvemos Monteferro

Benvido ó foro desta páxina web que pretende evitar a urbanización dun dos poucos espacios naturais que aínda temos na Ría de Vigo

Salvemos Monteferro
Monteferro non é o único problema de Nigrán
* E-mail:
* Password:
Registrarse Presentación Miembros Imágenes
¿Has olvidado tu Password?

Lista de mensajes
Autor Mensaje
Anxo
 
Mensajes: 1
Registrado: Marzo/2006
Estado: Off-line
Grupo: Nuevo usuario
 
 
  Re: Re: Re: Monteferro non é o único problema de Nigrán 17/Marzo/2006 - 08:45

Debemos aclarar mellor todo o que comentades amigos Prial e Xose Lois. A investidura do alcalde de Nigrán no ano 1999 foi algo esperpéntico. Nas eleccións o PP acadou 7 concelleiros, o PINN 5, o PSOE 3 e o BNG 2.

Ante a rivalidade dos dous candidatos da dereita Villar(PP) e Avelino(PINN), este último, para humillar o PP, manifestou publicamente que apoiaría na investidura á alcaldía ao candidato do PSOE(Rial). Con estas intencións e anuncio publico o BNG quedou atrapado, si se abstiña o candidato do PP obteria 7 votos e o candidato do PSOE 8, e según a Lei Electoral vixente, ao non obter ningún candidato a maioria absoluta que en Nigrán é de 9 votos, proclamariase alcalde o candidato do PP por ser a lista mais votada.Polo tanto o Bloque non podia absterse senón seria por pasiva o responsable de que se proclamase  electo un candidato do PP. Ante esta disxuntiva ao BNG non lle quedou mais remedio que apoiar na investidura ao candidato do PSOE e non entrar a formar parte dun goberno PSOE-PINN.

Cousas da politica(ou do veneno de Avelino) e dos resultdos electorais.Despois ese goberno durou 6 meses e o PSOE formou un novo goberno co PP que durou ata o 2003, quedando sempre ao marxe de responsabilidadesde goberno o BNG.

En resumen o BNG sabendo de que pé coxeaba o PSOE de NIgrán e sobre todo o seu candidato Rial, que é tan de dereitas como os outros dous, tivo que pagar un alto sacrificio por apoiar aun candidato que non lle convencia e sen recibir nada a cambio. Pode ser que o BNG de NIgrán se equivocase ou non, pero foi a decisión que democraticamente tomou a maioria da súa asemblea local no ano 1999. 

Un saúdo.


Usuarios activos
3 usuarios activos: 0 miembros y 3 huespedes en el foro.
 Reglas de mensaje
puedes escribir nuevos temas
puedes responder a los temas
puedes adjuntar archivos
no puedes editar tus mensajes
Contactar con el Administrador del foro.

La utilización del servicio vendrá condicionada por la previa aceptación de las Condiciones Generales de Uso del Servicio.



Foro gratis creado en ForosWebGratis.com. Crea tu propio foro aquí.