Salvemos Monteferro

Benvido ó foro desta páxina web que pretende evitar a urbanización dun dos poucos espacios naturais que aínda temos na Ría de Vigo

Salvemos Monteferro
Monteferro non é o único problema de Nigrán
* E-mail:
* Password:
Registrarse Presentación Miembros Imágenes
¿Has olvidado tu Password?

Lista de mensajes
Autor Mensaje
Anxo
 
Mensajes: 1
Registrado: Marzo/2006
Estado: Off-line
Grupo: Nuevo usuario
 
 
  Re: Re: Re: Monteferro non é o único problema de Nigrán 17/Marzo/2006 - 08:45

Debemos aclarar mellor todo o que comentades amigos Prial e Xose Lois. A investidura do alcalde de Nigrán no ano 1999 foi algo esperpéntico. Nas eleccións o PP acadou 7 concelleiros, o PINN 5, o PSOE 3 e o BNG 2.

Ante a rivalidade dos dous candidatos da dereita Villar(PP) e Avelino(PINN), este último, para humillar o PP, manifestou publicamente que apoiaría na investidura á alcaldía ao candidato do PSOE(Rial). Con estas intencións e anuncio publico o BNG quedou atrapado, si se abstiña o candidato do PP obteria 7 votos e o candidato do PSOE 8, e según a Lei Electoral vixente, ao non obter ningún candidato a maioria absoluta que en Nigrán é de 9 votos, proclamariase alcalde o candidato do PP por ser a lista mais votada.Polo tanto o Bloque non podia absterse senón seria por pasiva o responsable de que se proclamase  electo un candidato do PP. Ante esta disxuntiva ao BNG non lle quedou mais remedio que apoiar na investidura ao candidato do PSOE e non entrar a formar parte dun goberno PSOE-PINN.

Cousas da politica(ou do veneno de Avelino) e dos resultdos electorais.Despois ese goberno durou 6 meses e o PSOE formou un novo goberno co PP que durou ata o 2003, quedando sempre ao marxe de responsabilidadesde goberno o BNG.

En resumen o BNG sabendo de que pé coxeaba o PSOE de NIgrán e sobre todo o seu candidato Rial, que é tan de dereitas como os outros dous, tivo que pagar un alto sacrificio por apoiar aun candidato que non lle convencia e sen recibir nada a cambio. Pode ser que o BNG de NIgrán se equivocase ou non, pero foi a decisión que democraticamente tomou a maioria da súa asemblea local no ano 1999. 

Un saúdo.

prial
 
Mensajes: 2
Registrado: Febrero/2006
Estado: Off-line
Grupo: Nuevo usuario
 
 
  Re: Re: Monteferro non é o único problema de Nigrán 09/Febrero/2006 - 11:53

Efectivamente, non tiven que empregar a palabra "gobernar". Estás no certo. Pero supoño que o Bloque non lle daría só o apoio para a investidura de Rial, para que non gobernara o PP. Creo que o obxetivo do Bloque sería ser un socio de goberno ao estilo Esquerda Unida co PSOE agora mesmo no estado español (non forma parte do goberno, pero o apoia) Ademáis, na túa afirmación de que o Bloque deulle a alcaldía o PSOE para non darlla o PP eu faría unha puntualización. A alcaldía sería para o PSOE, pero este partido tiña 3 concelleiros e o seu socio de goberno (o PINN) 5. Polo que cabe imaxinar que serían os independentes de Avelino os que cortarían o bacallao (como ocorre agora) En resumo, eu estou moi decepcionado con toda a clase política de Nigrán, non hai principios, non hai ideoloxía (a dereita goberna ca esquerda e viceversa, aínda que dubido que saiban onde está a esquerda e onde está a dereita) Cabe destacar que aínda hai algúns que mostran algo de dignidade. Un exemplo é David Xiráldez, que as súas denuncias cóstanlle atentados persoais contra a súa persoa. Iso sí, gustaríame que utilizase a súa influencia dentro do partido (e que a utilizases tí tamén, Xosé Lois, se formas parte do bloque) para que conciencie os pesos pesados do partido para que saian a denunciar o que pasa no noso concello públicamente e que lle den cobertura nos medios de comunicación (hai que aproveitar agora que teñen influencia na TVG)

Usuarios activos
1 usuarios activos: 0 miembros y 1 huespedes en el foro.
 Reglas de mensaje
puedes escribir nuevos temas
puedes responder a los temas
puedes adjuntar archivos
no puedes editar tus mensajes
Contactar con el Administrador del foro.

La utilización del servicio vendrá condicionada por la previa aceptación de las Condiciones Generales de Uso del Servicio.



Foro gratis creado en ForosWebGratis.com. Crea tu propio foro aquí.