|
Paréceme ben que reclames a mesma atención da xente para coa situación medioambiental de Nigrán, ataques ao patrimonio en Camos, campo de golf en Priegue, Camos e Chandebrito, vivendas sociais e dignas.
Tamén está ben que denuncies aos políticos que só están a cobrar do concello, non só non fan nada ( agás cobrar ) senón que prometen grande cantidade de obras que non reralizan, que non teñen proxectos e que non teñen asignada a partida de onde sacar os cartos para pagalas.
Pero pediría que cando fagas público un dato, antes comprobes a veracidade. O PSOE gobernou co PIE ( partido do alcalde Villar ) despois o PSOE gobernou co PINN ( partido de Avelino ) e logo o PSOE gobernou co PP, e como ti dis sempre por o "interés" de Nigrán, pro o BNG non gobernou nunca en Nigrán, así que non é correcta a túa información, o BNG deulle a alcaldía ao PSOE por que Avelino do PINN fixera publico que votaría o PSOE, ante esta situación o BNG decidía se gobernaba o PP ou o PSOE, xa ves inclinámonos por un goberno do PSOE pero non entramos no goberno por non estar dispostos a compartir goberno con Avelino do PINN.
Comproba a túa información antes de facela pública, recibe unha aperta e ánimo no teu intento de mober á xuventude por un Nigrán mellor, que si é posible
|