|
A estas alturas da película supoño que xa todo o mundo saberá do accidente do pasado fin de semana, e que todos terán ben claro que foi o peor da pascua, por eso non vou a comentar nada da putada que sufriu o pobre David.
Foi o peor da pascua aínda que algúns digan que foi a choiva, ou que non houbo xente, ou incluso que os de algúns bares se aproveitasen da pouca xente que houbo espetando máis de 4 euros por cubata...e variando os prezos segundo os días...
Pero esta entrada non é para outra cousa que para facerme eco de unha nova que sae hoxe na “voz de Galicia” e que pon literalmente esto:
<<el Concello de Padrón aguardará al informe oficial de las fuerzas policiales para pronunciarse, según dijo el alcalde Camilo Forján. Entretanto, ya ha dado orden de iniciar una valoración de daños en los inmuebles afectados.
La Policía Local
acudió ayer al lugar y hoy lo hará la arquitecta municipal.>>
Entón digo eu:
- ¿Serán capaces os municipais de realizar un informe sobre o que pasou, con un mínimo de credibilidade e presentalo no concello sen que ninguén o modifique no seu favor e para o seu beneficio ou o que é peor... para foder ó próximo?
- ¿Xa recuperou a corporación municipal a confianza nos municipais, logo de ter inevitables probas da súa ineptitude á hora de realizar informes?
- ¿Terán desta volta os municipais unha cámara que saque fotos?
- No caso de que os municipais sexan aptos para realizar estes traballos e que noutros casos anteriores eles fixeran ben o seu choio e correran coas culpas de non telo feito ben...¿será o sr tenente alcalde capaz de fiarse deste informe...ou seguirá desconfiando das súas forzas policiais?
- Ó centro social da Ponte non veu a arquitecta municipal...será porque está todo en orde...de feito, sempre estivo. Bueno ó mellor é porque a simple rotura de un cristal non é para que acuda un arquitecto...
E nada máis. Simplemente agardarei respostas...pero escritas. A nivel de represalias polas publicacións tanto en internet coma en xornais xa nos chegou con ter o centro social pechado, que por certo...¿non ían a poñer unhas verxas nas ventanas e a levar unhas sillas para alí? Debino de soñar. E naquel soño aparecían dos altos cargos do concello de Padrón dicindo algo deso...que ían a poñer algo así...bueno, non sei...xa digo, sería un soño...
|