¿e será verdade? AXUDA cockydaponte/SAN ROQUE 08 cockydaponte/SAN ROQUE 09 Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet A_PONTE_14181.gif Free PageRank Checker

A PONTE EXISTE!!!
NOVAS NOS XORNAIS
* E-mail:
* Password:
Registrarse Presentación Miembros Imágenes
¿Has olvidado tu Password?

Lista de mensajes
1 2 3 >>
Autor Mensaje
Cocky da Ponte
 
Mensajes: 337
Registrado: Marzo/2008
Estado: Off-line
Grupo: Administrador del foro
 
 
  En vez dun alcalde teño unha avestruz. 08/Abril/2008 - 08:56

POR VÍCTOR FURELOS

Imaxinemos por un momento que no noso Concello temos un alcalde que intenta dar a imaxe de que se preo-
cupa por todo e por todos con boa cara e quere unila a unha apariencia de persoa dialogante con un talante ó máis puro estilo ZP.

Imaxinemos por un momento que ten un socio de goberno co que en público se leva ben pero que logo se demostra que non é así, porque por detrás se din cousas que non se corresponden co que se fai por diante. É máis, ás veces parece cousa de ciumes, pero aguanta o protagonismo dese socio coa única idea de agarrar ben forte o bastón de mando, ata o punto de que nin se lle ocorre desfacer un pacto que pouco lle gusta.

Imaxinemos por un momento que o noso rexedor luce nas festas. Teso coma un lapis preside unha chea de actos cando quen levou a organización toda foi o seu socio de goberno en nome do Concello. E precisamente ese socio, nas súas funcións municipais, se ve metido nun apuro por un accidente do que el non ten culpa.

Imaxinemos por un momento que o alcalde aproveita para deixar que ese socio se queime só e nin sequera lle ofrece axuda. Parece que quere sacar rendabilidade política dun accidente. É máis, despois de ver como se pon en cuestión o propio Concello, agocha a cabeza coma se fose unha avestruz en vez de dar a cara e aparecer cando as cousas se torcen. Demostra que vale para as risas pero non para as choras.

E agora, para rematar, imaxinemos por un momento o Concello de Padrón nos últimos dez días.

Tierras de Santiago 08/04/08

Na foto de abaixo pódese ver ó alcalde á esquerda co seu socio de governo. ¿ou á dereita? non, non á esquerda. OSTIA!! NON, Á DEREITA!!! Nooooooooon, non quero decir que o da garavata rosa se vaia á dereita....quero decir que o alcalde é o da dereeeeeeeeita.

1 2 3 >>

Usuarios activos
6 usuarios activos: 0 miembros y 6 huespedes en el foro.
 Reglas de mensaje
no puedes escribir nuevos temas
no puedes responder a los temas
no puedes adjuntar archivos
no puedes editar tus mensajes
Contactar con el Administrador del foro.

La utilización del servicio vendrá condicionada por la previa aceptación de las Condiciones Generales de Uso del Servicio.



Foro gratis creado en ForosWebGratis.com. Crea tu propio foro aquí.