Salvemos Monteferro

Benvido ó foro desta páxina web que pretende evitar a urbanización dun dos poucos espacios naturais que aínda temos na Ría de Vigo

Salvemos Monteferro
Monteferro non é o único problema de Nigrán
* E-mail:
* Password:
Registrarse Presentación Miembros Imágenes
¿Has olvidado tu Password?

Lista de mensajes
Autor Mensaje
Xosé Lois
 
Mensajes: 2
Registrado: Febrero/2006
Estado: Off-line
Grupo: Nuevo usuario
 
 
  Re: Monteferro non é o único problema de Nigrán 08/Febrero/2006 - 17:45

Paréceme ben que reclames a mesma atención da xente para coa situación medioambiental de Nigrán, ataques ao patrimonio en Camos, campo de golf en Priegue, Camos e Chandebrito, vivendas sociais e dignas.

Tamén está ben que denuncies aos políticos que só están a cobrar do concello, non só non fan nada ( agás cobrar ) senón que prometen grande cantidade de obras que non reralizan, que non teñen proxectos e que non teñen asignada a partida de onde sacar os cartos para pagalas.

Pero pediría que cando fagas público un dato, antes comprobes a veracidade. O PSOE gobernou co  PIE ( partido do alcalde Villar ) despois o PSOE gobernou co PINN ( partido de Avelino ) e logo o PSOE gobernou co PP, e como ti dis sempre por o "interés" de Nigrán, pro o BNG non gobernou nunca en Nigrán, así que non é correcta a túa información, o BNG deulle a alcaldía ao PSOE por que Avelino do PINN fixera publico que votaría o PSOE, ante esta situación o BNG decidía se gobernaba o PP ou o PSOE, xa ves inclinámonos por un goberno do PSOE pero non entramos no goberno por non estar dispostos a compartir goberno con Avelino do PINN.

Comproba a túa información antes de facela pública, recibe unha aperta e ánimo no teu intento de mober á xuventude por un Nigrán mellor, que si é posible

prial
 
Mensajes: 2
Registrado: Febrero/2006
Estado: Off-line
Grupo: Nuevo usuario
 
 
  Monteferro non é o único problema de Nigrán 08/Febrero/2006 - 15:57

Monteferro non é o único problema que ten nigrán. Pareceme moi ben que xente de tódalas partes de galicia esté en contra de este atentado ecolóxico que estamos a sufrir os que disfrutamos de monteferro durante toda a nosa vida. Pero estas mostras de solidaridade non van a arranxar o problema verdadeiro que ten Nigrán, nin tan siquera evitar que talen algúnha árbore máis en monteferro. O problema radica en que en nigrán temos unha clase política que está a expensas de especuladores sen escrúpulos que ven en Nigrán unha galiña dos ovos de ouro que non poden deixar escapar. Para que vos enteredes, tamén hai outros paraxes de nigrán no punto de mira, como os montes de Chandebrito ou Camos que se merecen tanta atención e tanta defensa como monteferro. Temos máis problemas que o que vos denunciades, a destrucción ecolóxica do entorno. Problemas como o do precio da vivenda é un exemplo. Os xovenes de Nigrán nunca poderemos adquirir unha vivenda nova no noso Concello debido a burbulla inmobiliaria que existe en Nigrán (os precios son inalcanzables para unha familia de renta media) Problemas como o dos impostos, nos últimos anos nos subiron a contribución, a basura, o imposto de rodaxe...Pero non un 5 ou un 10 %, a suba está polo trinta e pico ou cuarenta por cento según o imposto. Iso sí, isto debe ser así para poder soportar os soldos de ministros que teñen os nosos concelleiros (os tenentes alcaldes cobran sobre 42 mil euros o ano) Iso si, tampouco na oposición temos ningunha xoia. Na anterior lexislatura estaba gobernando o PP co PSOE (si, si, creédelo, pero iso si, sempre polo ben de Nigrán) e anteriormente o Bloque tamén compartiu goberno co PSOE e co PINN (escisión do PP, quizáis máis de dereitas co PP)Por iso amigos, o único que pode solucionar o problema de Nigrán e que a xente xoven empece a moverse (inclúiome) e xubilar a toda a clase política de Nigrán que só está para enriquecerse. Os que teñamos inquedanzas política temos que empezar a formar unha oposición seria e intentar chegar a ter algo de poder neste municipio para evitar os desmáns que se queren acometer en Nigran

Usuarios activos
4 usuarios activos: 0 miembros y 4 huespedes en el foro.
 Reglas de mensaje
puedes escribir nuevos temas
puedes responder a los temas
puedes adjuntar archivos
no puedes editar tus mensajes
Contactar con el Administrador del foro.

La utilización del servicio vendrá condicionada por la previa aceptación de las Condiciones Generales de Uso del Servicio.



Foro gratis creado en ForosWebGratis.com. Crea tu propio foro aquí.