|
Velahí tendes...para que despois andedes a decir que fago política nacionalista no foro. Eu simplemente poño as novas que vexo no xornal e son relativas á Ponte. Non as deixo de poñer por que favorezan a uns ou a outros. Ademáis, aquí pode poñelas quen queira.
Neste caso, paréceme "moi forte" que o PP critique o que sempre se lle achacou a eles...o estado lamentable das pistas e camiños da Ponte(e supoño que o de moitas aldeas do concello).
Pero tamén me parece tremendo que ese governo cercano ó cidadán, disposto a escoitalo(que eso si que está: ESCOITALO SÍ. ATENDELO NON) e que noutrora censuraba este tipo de feitos, agora non sexa capaz nin de manter as promesas electorais que a maioría de veciños se tragou para levalos ó concello nin de evitar feitos e casos que eles criticaron durante moitos anos.
ESPABILA MESÍAS....QUE SE CHE ACABA A CORDA...E OS ORZAMENTOS SEN APROVAR...¿OU XA ESTÁN? -Non o sei, si están aprovados e alguén o sabe que o diga. -Si alguén sabe ou coñece cantos euros se destinaron a arranxar os camiños da ponte que o diga. -Si alguén sabe si se destinou algunha partida ó adecentamento do centro social que o diga. -Si alguén sabe si os cartos para pagar as sillas que solicitaron no concello para o centro social serán incluidos nos orzamentos que o diga. -Si alguén sabe si se inclúen nos orzamentos as verxas que prometeran tanto o alcalde coma o concelleiro de Cultura, Turismo, Casco Histórico, Oficina de Rehabilitación do Casco Histórico, Reforma Urbana, Vías e Obras no Medio Rural, Comisión Provincial de Patrimonio e Política Lingüística, á parte de tenente de alcalde; que o diga. -Si alguén pensa que as concellerías ocupadas polo titular de Cultura son poucas que o diga. Que son moitas xa o vemos.
|