Miguel Costas . CONDENADOS A COSTAS.

Miguel Costas, fundador de Siniestro Total, Aerolíneas Federales, Los Feliz, ... ha iniciado su nuevo proyecto, junto a "La Banda Turca", compuesta por los músicos coruñeres, Juan Naya, a la guitarra, Landy, al bajo, e Tony, a la batería. "CONDENADOS A COSTAS", el disco más esperado de la década, verá la luz el 9 de SEPTIEMBRE ---------------------------------------- CONTRATACIÓN: GONZALO CALVO (MÓVIL: 630838312) ---------------------------------conciertos ...............1 de Agosoto, Escairón (Lugo)................ 10 ago 2008, 21:00 FRESH ROCK&DANCE FESTIVAL ALLARIZ (OURENSE), ..................14 ago 2008 21:30 ROCK IN CAMBRE 2008 CAMBRE (A CORUÑA .........VERIN SABADO 16 DE AGOSTO.............VILLALBA SABADO 30 DE AGOSTO

Miguel Costas . CONDENADOS A COSTAS.
ENTREVISTA AL COSTAS
* E-mail:
* Password:
Registrarse Presentación Miembros Imágenes
¿Has olvidado tu Password?

Lista de mensajes
Autor Mensaje
jaime
 
Mensajes: 56
Registrado: Junio/2007
Estado: Off-line
Grupo: Administrador del foro
 
 
  ENTREVISTA AL COSTAS 29/Abril/2008 - 15:58

http://elprogreso.galiciae.com/nova/9878.html

Músico e ex-cantante de 'Siniestro total'

Miguel Costas: ''Din que en Escairón mercou casa Ron Wood. Igual somos veciños''

Natalia Pena. L-V.

Membro fundador de grupos míticos como Siniestro Total, Aerolíneas Federales ou Los Feliz e autor de máis de 200 cancións e 126 himnos, súas son algunhas das cancións que marcaron un antes e un despois na memoria recente da música en España.

Pregunta: Miguel Costas volve á estrada tras uns anos de retiro. ¿Que lle fixo volver agora?

Resposta: Despois de Los Feliz levaba uns catro anos retirado. Son amigo de Santi Santos, o cantante de Los Limones, que acostumaba veranear pola  zona onde o facía eu, e un día díxome: “¿Por que non ves tocar con nós e ao remate do concerto tocas unhas cancións túas?”. Aceptei.

Era bastante descansado, así que fixemos un par de concertos en Madrid que estiveron moi ben. A xente respondeu moi ben e decateime de que quería volver subir a un escenario. Reunín xente que tocara en Los Limones e fixemos uns cantos concertos en Galicia. Ademais, Estrella Galicia propúxome tocar para o festival que fixo para rememorar os anos 80. Entre unhas cousas e outras volvinme pór en circulación.

P: E agora, disco novo.

R: Será o número 17, e titularase Condenados a costas. É o primeiro que fago en solitario, sen un grupo detrás. A Banda Turca foi unha xente que me acompañou unha tempada pero agora esta xira fareina con outros músicos. O disco gravouno a Compañía G. Domani Records e seguramente o distribúa Warner. Cremos que sairá a mediados de maio.

P: ¿Que hai nel?

R: Cancións de pop e de rock, que é unha cousa que non abunda moito ultimamente. Creo que é un disco divertido. Condenados a costas naceu un pouco froito da casualidade. Contratáronme para cantar nunha voda, a primeira e única vez en Madrid, e o home  que casaba díxome: “Vouche gravar un disco e xa teño o título Condenados a costas”. Ao final el fixo unha discográfica para gravar o disco e todo foi moi ben.

P: ¿Cantas canción hai en Condenados a costas?

R: Gravamos 18 cancións e nun principio pensamos en metelas todas no disco, facer un disco dobre. Pero ao final chegamos á conclusión de que é mellor sacar 10 ou 12 cancións, que sexa un disco contundente. O primeiro sinxelo titúlase Baja el pantalón. O disco levará o videoclip do sinxelo e unha entrevista miña. No vídeo participou practicamente toda a vila de Escairón, onde vivo eu. Saen, desde o carteiro ata o garda xurado da vila.

P: ¿Por que se foi vivir a Escairón (O Saviñao, Lugo)?

R: Escairón é un lugar que practicamente está situado no centro de Galicia. Tiña uns amigos vivindo aquí e viña a miúdo. Sorprendeume a cantidade  de músicos que viven en Escairón. Hai moitos ingleses que compraron casa aquí para restaurar e entre eles hai moitos músicos. A min tamén me sorprendeu nun principio que nunha vila tan pequena houbese tantos concertos gratuítos. Mesmo se rumorea que Ron Wood, dos Rolling Stones, mercou unha casa aquí, pero aínda non sabemos cal é. Igual somos veciños.

“Teño bo recordo da época en ‘Siniestro’. Foi moi divertida”
P
: ¿Como lembra a época de Siniestro, Aerolíneas ou Los Feliz?

R: Teño moi bo recordo en xeral. Foi unha época moi divertida, que malia o que pensa moita xente non se gañaban moitos cartos pero  pasábase moi ben.

P: ¿Arrepentiuse algunha vez de deixar Siniestro?

R: Non, para nada. Todas as épocas teñen un principio e un final. Eles quixeron seguir mantendo o grupo e seguen tocando un montón de cancións miñas. Foi unha época moi boa, pero chegou un punto que xa non lle encontraba a graza e prefería facer outras cousas. O que si é certo é que sempre che queda un pouco de pena porque despois de estar tantos anos convivindo coa mesma xente, de súpeto perdes trato. A verdade é que á xente de Siniestro véxoa de pascuas en flores, máis que nada porque cada un vivimos nun sitio distinto e tamén porque o grupo cambiou varios dos seus membros.

P: ¿É posible hoxe volver a revivir a época da movida dos anos 80 en Vigo?

R: A pesar da crise mundial do petróleo e de que non se vendan discos eu creo que estamos nun momento bo, que hai moita xente facendo cousas. Internet, malia que para outras cousas sexa malo, é unha plataforma moi ampla que lle permite a moita xente darse a coñecer. O que quero dicir é que cousas si se están facendo; cada vez hai máis festivais e creo que estamos deixando un chisco atrás esta época de melódicos e de concursos de televisión, e todo isto.


Usuarios activos
3 usuarios activos: 0 miembros y 3 huespedes en el foro.
 Reglas de mensaje
puedes escribir nuevos temas
puedes responder a los temas
puedes adjuntar archivos
no puedes editar tus mensajes
Contactar con el Administrador del foro.

La utilización del servicio vendrá condicionada por la previa aceptación de las Condiciones Generales de Uso del Servicio.



Foro gratis creado en ForosWebGratis.com. Crea tu propio foro aquí.