|
Benvido ao foro, creo que é necesaria a participación mais ampla posibel dos veciños de Pontedeume e bisbarra, o problema que temos é moi importante, quizas moito mais do que poidamos atisbar. Eu como moitos outros estou convencido de que si non tomamos conciencia da gravedade do que empeza a ocurrir coa falta de urbanismo nos concellos vamos rematar moi mal, o resultado final é o que xa empezamos a sufrir hoxe en día, deficiezas nos servizos de sumistro de auga, depuración de residuais, recollida lixo, suciedade nas ruas, graves problemas de trafico é falta de aparcamentos, falta de zonas verdes (e as poucas que temos se lle pretende cambiar o uso), densidades edificatorias esaxeradas, o resultado final como ben afirma Antón é un progresivo e radical empeoramento da nosa calidade de vida.
O que comentas da depuradora xa o levo escrito moitas veces, é indignante que hoxe en día teñamos que pagar en cada recibo de suministro de auga seis euros de canon de depuración, cando a realidade é que non se está facendo a depuración axeitada, xa que en zonas os verquidos van direitamente ao paseo marítimo, cando non o que chega á depuradora é tal volumen que xa é incapaz de tratalo adecuadamente, como ti ben afirmas só hai que darse unha volta pola playa de Centroña para comprobar o que estamos a denunciar, pero que pasaría si a esta depuradora lle enchufasen as 350 vivendas previstas para Ber, que si a día de hoxe non empezaron as obras é porque algúns veciños demos a alarma, por non falar das 500 vivendas que pretende Lagares para Caldagueiro, mais o que xa se contruiu en Ricardo Sanchez, que polo que semella ainda non parece suficiente.
Moito poderiamos discutir sobre este asunto da depuración, que sin faltar á verdade a día de hoxe non é mais que públicidade. Si analizamos a cuestión podemos comprobar como por exemplo Ferrol non ten depuración, na Coruña estos días comprobamos que os verquidos van direitamente ao mar, e nas pequenas vilas da ria a depuracion é testimonial. Pero a pregunta é a onde vamos cando se empecen a habitar todas as vivendas que hai xa en Sada, Miño, Ares, Redes, e as que presumibelmente poden agardar a Pontedeume é Cabanas coa suposta aprobación nos novos PXOM, evidentemente a ria vaise convertir nunha auténtica cloaca, non fai falla ser un visionario.
Que hai que construir é evidente, pero o que hai que facer é restructurar e recuperar os cascos históricos (non demolelos para facer aberracions como o edificio de Correos), hai que dotar aos cascos dos servizos que necesitan, non afogalos con novos perimetro construidos con mais densidade, non se poden facer as cousas do xeito que pretende este concello, esta tolería só vai beneficiar a catro que utilizan a sua influenza para saltarse esa delgada liña entre o silenzo e a complicidade, a delgada liña entre quen sobornardo ou utilizando as suas influenzas salta a legalidade con nocturnidad e alevosia, e gobernantes que co su silenzo non fai mais que deixar ao descuberto a sua complicidade nos delitos, esto o vamos recoñecendo dia a dia na nosa vila, pero ¿cando vai parar esta toleria?.
A falta de respeito dos gobernantes de Pontedeume aos veciños da vila é tan grande que son incapaces de tomar as medidas que se lles estamos reclamando dia a dia, cando van tomar a responsabilidade de actuar segundo as leis, cando van tomar a decisión de aparcar un PXOM que non pretende mais que legalizar as aberracions urbanisticas actuais, e condenar a vila a sufrir un proceso xeralizado de construcción deste tipo de salvaxadas. Cando van abrir os ollos é deixar de ser complices por activa e pasiva na destrucción da vila, cando van responder as necesidades dos veciños e non dos promotores venideros.
|