FUSQUENLLA

Por un urbanismo racional e sostíbel para Pontedeume

FUSQUENLLA
Infraestructuras... La Depuradora...
* E-mail:
* Password:
Registrarse Presentación Miembros Imágenes
¿Has olvidado tu Password?

Lista de mensajes
Autor Mensaje
Antón
 
Mensajes: 28
Registrado: Febrero/2006
Estado: Off-line
Grupo: Administrador del foro
 
 
  Re: Infraestructuras... La Depuradora... 15/Julio/2006 - 02:37

Ante todo, benvido a este foro. Todas as opinións que se expoñen aquí son necesarias porque dan unha idea do que realmente pensamos os veciños de Pontedeume. Aínda que podamos estar en desacordo nalgunhas cousas.

Coincido contigo en que o tema da depuradora é motivo da máis que xustificada denuncia que se poida facer, por tratarse dun problema de contaminación e pola estafa que supón aos contribuintes que pagan un servizo que non funciona correctamente. Pero non só iso. Pensemos que se agora esta depuradora non resolve os problemas das augas residuais da comarca, que pasará cando se levanten o sin fin de urbanizacións que se teñen previsto?

Outra cuestión que debo agradecerche é a relativa a ese posíbel malentendido que deixa traslucir, a partir dos comentarios que se verten aquí, que nos opoñemos ao crecemento da vila e parroquias. Porque dun malentendido se trata, polo menos no que a FUSQUENLLA se refire.Sempre diximos que o crecemento urbanístico debe ir en correspondencia co crecemento demográfico, ou que este non sobrepase en demasía ao primeiro. E ademais, as novas edificacións deben respeitar a legalidade o bon gusto. Quero decir que non abonda con que cumpran a lei en altura, volume, etc. Queremos un entorno agradábel e habitábel no que podamos estar cómodos hoxe e mañá. Non se pode deixar en mans dos promotores certos aspectos sobre as construcións que, buscando un maior rendemento económico, afeen a paisaxe que todos debemos preservar. Non esquezamos que a paisaxe forma parte da identidade da nosa terra. Hoxe valoramos moitas das construcións que se fixeron no pasado polos nosos antergos, cando había menos medios; e hoxe parece que hai un afán por construir o máis posíbel e ao menor custo (para o empresario, se entende).

Porén, o futuro se nos presenta preocupante. O novo PXOM tenta calificar como zonas residenciais a maior parte do terreo urbanizábel. Segundo denuncia Greenpeace, en Pontedeume vaise aumentar o chan edificábel nun 200 %., é decir, triplicarase o solo urbanizábel cando demograficamente Pontedeume ten uns índices negativos. A isto é ao que nos opoñemos. Cun agravante: este chan edificábel corrsponde na meirande parte a zonas residenciais, nas que só pode construir un promotor que adoita chamarse "axente urbanizador". Esta é outra característica negativa do PXOM que queremos denunciar. Os pequenos propietarios non van ter facilidades para cosntruir a súas vivendas porque o seu terreo non entra dentro da malla urbana (estas non crecen) ou porque non teñen a capacidade económica para erixirse en promotores. A solución que lles queda será vender a súa parcela ao axente urbanizador e logo comprarlle a este unha vivenda por un prezo inalcanzábel.

Que propoñemos? En primeiro lugar, preservar e restaurar o xa existente. As casas, tanto do casco histórico como as do rural, precisan dunha rehabilitación acorde coas necesidades dos seus moradores e coa demanda dos visitantes que acuden a Pontedeume para apreciar un patrimonio arquitectónico e un entorno envidiábel. Un entorno que pode desaparecer matando a galiña dos ovos de ouro. Non debemos esquecer que o sector servicios é un dos máis importantes do desenvolvemento económico desta comarca; e os viaxeiros decántanse hoxe máis que nunca por lugares con história e con paisaxe.

En segundo lugar, as novas edificacións deben estar ao servizo dos habitantes desta comarca. Deben construirse para atender as súas necesidades co maior respeto polo patrimonio do que antes falabamos. E por suposto, procurando que ese crecemento sexa sostíbel, que non deteriore os servizos existentes (e inadecuados nalgúns casos, como a depuradora). Que o crecemento corra parello coas infraestruturas necesarias para sustentalo. Algo que hoxe non ocorre.

Editado por: Antón (15/Julio/2006 - 02:45)

Usuarios activos
3 usuarios activos: 0 miembros y 3 huespedes en el foro.
 Reglas de mensaje
puedes escribir nuevos temas
puedes responder a los temas
puedes adjuntar archivos
no puedes editar tus mensajes
Contactar con el Administrador del foro.

La utilización del servicio vendrá condicionada por la previa aceptación de las Condiciones Generales de Uso del Servicio.



Foro gratis creado en ForosWebGratis.com. Crea tu propio foro aquí.